O Concello do Grove discrimina o Equipo Feminino de Padel e o Club Padel O Grove Team.

Entendemos que a situación sanitaria que estamos vivindo polo covid19 e moi
complicada e dende o Club Padel o Grove Team apoiamos todas as medidas que se
tomen para frear o avance da enfermidade pero tamén somos conscientes de que a vida
sedentaria non é unha alternativa saudable e menos cando se sabe que o deporte que
sigue as medidas ou protocolos covid non é foco de contaxio.


O Club Padel O Grove Team quere dar a coñecer a todos os veciños o que ven
sucedendo coas instalacións deportivas municipais dedicadas o padel e o desprezo da
concellería de deportes de este concello ten cara a este club xa moito antes de ter esta
situación sanitaria.


Desde que se inauguraron as instalacións do padel no Grove o numero de veciños e
veciñas que se uniron a este deporte foi en aumento e cada vez somos mais os que o
practicamos, e un 90%, formamos parte do Club Padel O Grove Team, ben coma socios
e usuarios das instalacións ou coma xogadores dos distintos equipos do club.

Somos un club federado que compite na Liga Galega e nas Series Nacionais de Padel
con mais de 70 licencias federativas e mais de 100 socios, dispoñemos de tres equipos
masculinos con cincuenta e dous xogadores e un feminino con dezaoito xogadoras que
compiten na Liga Galega de Padel. E tres equipos de cincuenta e cinco xogadores que
compiten nas Series Nacionais onde o ano pasado un dos nosos equipos quedou
Campión do Sur de Galicia.

Un dos obxectivos de este club, é fomentar este deporte entre os veciños e veciñas de
este concello, conseguindo crear este ano un equipo de dezaoito mulleres, que se
inscribiron na Liga Galega de Padel.

Dende o Club desexamos saber cal é o motivo polo cal a concellería de deportes de este
municipio nos nega para o equipo feminino as horas de adestramento nas mesmas
condicións de pago e de reserva cos equipos masculinos, e as discrimina e obriga a
reservar as pistas de maneira individual para o adestramento do equipo.

Sabendo que o deporte do Padel desde sempre cumpre coa esixencia das normas
covid19 porque só o poden practicar 4 persoas a vez en dous centos metros cadrados en
hora e media, e que as instalacións publicas das que dispón o concello só poden estar
doce persoas nese período de tempo adestrando sen contar co adestrador. Non
entendemos as razóns polas que impón a concellería de deportes a limitación de días e
horas para o adestramento e non permite o a entrada os adestramentos do capitán ou
adestrador.

A marxinación que sufrimos como Club deportivo por parte de este Concello e
concretamente polo concelleiro de deportes, vai mais aló do entendemento e do uso da
razón, pois somos o único club que paga as instalacións publicas municipais por
adestrar.

Somos coñecedores que un dos requisitos para estar exentos das tasas de pago polo uso
de instalacións publicas e ter deporte base.

Por iso non entendemos que se nos diga por parte da concellería de deportes que é
Ilegal por parte do Club pretender crear deporte base, para que os rapaces e rapazas de
este concello poidan aprender a xogar o padel.

Solicitámoslle que nos indicase cal é a Lei ou normativa municipal que nolo impide e a
súa resposta foi –“que non nos cederá as instalacións para ese cometido porque así o
concello perdería clientes”-.

Por todo iso indicamos que a postura da concellería de deportes cara o Club Padel O
Grove Team e discriminatoria, e nos impide cumprir coas ordenanzas aprobadas e
publicadas por este concello.
Impedimento que non aplica o resto de clubs, e tampouco desexamos que o faga.

Que explicación ten que unhas instalacións publicas e municipais pagadas cos impostos
dos veciños do Grove que supostamente son para prestarnos un servicio a todos os que
practicamos este deporte, se use como unha entidade privada con animo de lucro.

Dende o Club con mais do noventa por cento dos usuarios das instalacións do padel,
somos conscientes de que a labor do Sr. Concelleiro e moi dura, e difícil pedir consello
e mais fácil dicir ante os medios de comunicación que nos consultou para poder
mellorar o servicio, como fixo no pasado 29 de xuño, e o final impor as medidas e os
servicios a prestar en función de como se levante ese día.

Queremos tamén manifestar o cambio a peor das condiciones das instalacións, pola
mala xestión que se leva facendo desde o principio, como a reducións por falta de
monitores dos días e horas das clases que se impartían, o mantemento das pistas, e os
cambios na app de reservas que non permite usar as instalacións si non fas un abono
mínimo de euros, cando antes podías facer o pago de uso das instalacións a través da
tarxeta de crédito.

En conclusión dende este Club Solicitamos o mesmo trato que o resto de entidades
deportivas do Concello do Grove. E que unamos forzas para o desarrollo do deporte